Unha vez mais, e xa van 31 edicións!!! celebrouse en Pontevedra a Semana Galega de Filosofía. Nesta quenda asistia por primeira vez como Milaboratoriosocial, non tiven moito tempo por motivos familiares que me afastaron tamén deste espazo virtual.
Entón só puiden asistir a un relatorio, e xa que o tema escollido nesta edición foi "Filosofía e Revolución", Terry Eagleton foi a opción que máis me interesou trasladar a este milaboratoriosocial.
Chegando xusto a tempo do comezo da charla tiven a ben dirixirme a parte superior do teatro,
certo é que non houbo outra posibilidade pois estaba ás cheas. Unha vez alí, recibiume cunha agradable aperta e un gran sorriso o meu mestre de xa fai anos, cando eu inda non coñecía quen era eu.
Centrándome no contido da charla de Eagleton, destacarei algunhas das suas ideas sobre o pensamento de Marx que alí nos relatou de maneira comprensible, amena e fluída.
Empezou a charla dicindo que o capitalismo é un dos maiores preservadores do Marxismo, que este non estivo ahí sempre, entón pode morrer. Tamén nos trasmitiu que Marx non era un pensador orixinal, como era de esperar moitas ideas tomounas prestadas. Existe unha falsa imaxe sobre Marx de que só se centra no proletariado industrial, según Eagleton cando Marx fala de traballo, fala dun dos mais extendidos na época vitoriana como era o traballo doméstico non asalariado de miles de mulleres (e inda hoxe non recoñecido).
Un dos erros no pensamento de Marx, foi en palabras de Eagleton certa supremacía étnica cos países do Sur, a quen non lles atribuía historia.
Aquí deixovos a sua conferencia, con seguridade poderedes escoitar máis ampliamente o traballo de Terry un dos maiores expertos contemporáneos do Marxismo, sobre un dos grandes pensadores da historia, Marx.
Boa sorte.
Miriam S.C.

No hay comentarios:
Publicar un comentario